O lapis do carpinteiro

eBook: O lapis do carpinteiro

Sprache - Sonstige

Jetzt kostenlos lesen mit der readfy App!

Über das eBook

«O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posguerra que chega aos nosos días entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira, filla dunha familia reaccionaria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoría da realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos. Fronte a eles, a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e graza de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar. «O lapis do carpinteiro» é testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de todas as guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder salvífico do amor. Esta excepcional novela ficará no lector gravada coma un engrama, coma o suco dunha cicatriz que rescata o mellor da nosa memoria. A novela galega con máis traducións a outras linguas. 100.000 exemplares vendidos en galego. Un fito e referente ineludible da nosa literatura. Premio da Crítica Española, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio da AELG, Premio Literario 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional.

Produkt Details

Verlag: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Sprache: glg

Umfang: 152 Seiten

Größe: 815,6 KB

ISBN: 9788499144221

Veröffentlichung: