Elisa e Marcela

eBook: Elisa e Marcela

Sprache - Sonstige

Jetzt kostenlos lesen mit der readfy App!

Über das eBook

Elisa e Marcela, dúas mestras galegas, protagonizaron en 1901 un dos primeiros matrimonios entre persoas do mesmo sexo. Elisa Sánchez Loriga, convertida en Mario, e Marcela Gracia Ibeas casaron na igrexa de San Xurxo da Coruña o 8 de xuño dese ano. Unha vez descuberto o «matrimonio sen home», foron obxecto dunha persecución que as obrigou a buscar refuxio, primeiro en Portugal e logo na Arxentina. Neste libro relátase a súa historia. En palabras do escritor Manuel Rivas, «temos un libro que é algo máis que un libro. Aquí está a novela de Elisa e Marcela que non foi quen de escribir dona Emilia Pardo Bazán». O autor ilumina dúas vidas unidas pola amizade e o amor, reconstrúe a actuación das autoridades académicas e xudiciais e analiza a repercusión pública dos feitos. Tamén achega novos datos sobre a andaina de Elisa e Marcela por terras arxentinas.

Produkt Details

Verlag: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Sprache: glg

Umfang: 216 Seiten

Größe: 13,2 MB

ISBN: 9788491214960

Veröffentlichung: