Claro de lúa
Über das eBook
A comezos do século XIX, a vida transcorre lentamente na vila mariñeira da Guarda. Rosa, unha rapaza orfa e pobre, ve morrer a anciá señora á que coidaba e sente que todo o seu mundo se derruba. Un forasteiro, don Leandro, chega para facerse cargo da herdanza da muller e pouco a pouco aprenderá a valorar as bondades do lugar, das xentes e do tipo de vida que alí se lle ofrece, polo que decide quedar. Os traballos e os días, os amores e desamores, parecen dirixirse cara a un final feliz cando se produce a invasión francesa. O paso das tropas napoleónicas pola vila afectará as súas vidas para sempre. "Claro de lúa" é unha homenaxe ás grandes novelas decimonónicas. Escrita cunha boa dose de amor e humor, nela escóitanse ecos de Jane Austen, Charlotte Brönte e Leon Tolstoi entre outros, arroupados polo piano da famosa sonata de Beethoven.
Produkt Details
Verlag: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Sprache: glg
Umfang: 472 Seiten
Größe: 486,6 KB
ISBN: 9788491213772
Veröffentlichung: 12. Juli 2018