O paxaro do mel

eBook: O paxaro do mel

Sprache - Sonstige

Jetzt kostenlos lesen mit der readfy App!

Über das eBook

Os irmáns Kassai e Yaíza, pastores da tribo dos danákil, e Mario, o seu inseparable amigo italiano que chegou ás afastadas Terras de Abisinia para reunirse co seu pai, o agrimensor Cornelio, deberán enfrontarse ao temible míster Angus Harris e a súa banda de zaireños que secuestraron a Saíhda, a súa nai, e a outros veciños da aldea danákil para vendelos como escravos. Os tres afoutos rapaces, coa intención de liberar aos seus, emprenderán unha difícil persecución da caravana de escravos véndose obrigados a atravesar a selva prohibida, onde entre as ruínas dun estraño gran edificio atoparán a árbore do saber, o mono do papiro e seguirán a estela da cor vermella do paxaro do mel. Unha extraordinaria e engaiolante novela de aventuras, ambientada na Abisinia ocupada polos italianos a finais do século XIX.

Produkt Details

Verlag: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Sprache: glg

Umfang: 344 Seiten

Größe: 1,2 MB

ISBN: 9788491212898

Veröffentlichung: