O faro de Arealonga
Über das eBook
Cando un mide cento trece centímetros, é xornalista e ten un carácter impulsivo, as cousas non resultan fáciles. Arealonga, a vila natal pode ser un refuxio onde aclarar ideas, visitar vellos amigos e descansar coa familia. Pero o que agarda a Rosalía é unha trama chea de puntos escuros na que o pasado de Néstor, fareiro, antigo científico e, sobre todo, prezado amigo, volve ao presente cunha forza que sacode o que ata ese momento semellaba firme como as rochas. A desaparición duns cons, os estraños movementos do mar preto da praia onde está a Cova do Mouro e a presenza na vila mariñeira de catro traxeados xaponeses desencadearán as indagacións da xornalista que a dirixirá a coñecer a existencia do proxecto APRETA, dirixido á creación dun aparello reductor do tamaño, e do proxecto TRAMA, un transportador de materia. O faro de Arealonga de Uxía Casal é unha engaiolante novela de intriga e suspense, na liña das mellores obras da actual ficción científica contemporánea.
Produkt Details
Verlag: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Sprache: glg
Umfang: 264 Seiten
Größe: 582,9 KB
ISBN: 9788491211730
Veröffentlichung: 20. Februar 2017