María Casares fronte ao espello
Über das eBook
María Casares (1922-1996). Galega. Actriz. Un mito do cine francés. Neste libro, a tamén actriz galega Sabela Hermida aborda a figura e o legado de María Casares, realizando unha retrospectiva da súa biografía, da súa evolución artística e da súa concepción da arte dramática, influenciada en gran medida pola corrente existencialista francesa e pola experiencia do exilio. Nacida na Coruña en 1922 e falecida en Alloue, Francia, en 1996, María Casares atopou no teatro unha patria eterna e universal. A importancia do seu legado artístico e filosófico é sobresaliente para o teatro do século XX, especialmente para o teatro do exilio, xa que se converteu nun referente para as vangardas da época e nunha auténtica icona para a intelectualidade republicana e galeguista exiliada en Latinoamérica.
Produkt Details
Verlag: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Sprache: glg
Umfang: 184 Seiten
Größe: 4,4 MB
ISBN: 9788411101691
Veröffentlichung: 8. September 2022