O libro de Borboligón
Über das eBook
Chega a Hora do Conto. A Elba gústanlle os Contos de Felices Soños que lle le o seu pai antes de durmir e os Contos dos Domingos que relata a avoa Merliña na vella biblioteca. Cando chega o Nadal, pide como regalo de Reis «O libro de Borboligón», que garda todos os contos do mundo. O que ninguén imaxina, é que Elba pode acabar atrapada nas súas páxinas, convertida nun personaxe máis, entre princesas, dinosauros, piratas ou bruxas. Había unha vez... Unha aventura sorprendente que che fará crer na maxia dos contos e da lectura.
Produkt Details
Verlag: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Sprache: glg
Umfang: 88 Seiten
Größe: 2,5 MB
ISBN: 9788411107211
Veröffentlichung: 18. September 2025