Quen precisa unha avoa?
Über das eBook
Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas súas avoas... Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada mellor que involucrar as súas amigas para levalo a cabo. A conciliación familiar, as necesidades das persoas maiores, os afectos e a sororidade entre as personaxes son algúns dos temas desta novela fresca e divertida que, a través do humor, transmite de xeito maxistral a complicidade entre as diferentes xeracións e unha ollada novidosa sobre a vellez.
Produkt Details
Verlag: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Sprache: glg
Umfang: 296 Seiten
Größe: 32,9 MB
ISBN: 9788411105743
Veröffentlichung: 5. September 2024