Proxecto Bolboreta
Über das eBook
Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como "Efecto Bolboreta", acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: "o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo". Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.
Produkt Details
Verlag: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Sprache: glg
Umfang: 120 Seiten
Größe: 626,5 KB
ISBN: 9788491211655
Veröffentlichung: 14. Dezember 2016