A boca da terra
About the eBook
A d'A boca da terra é unha poesía de natureza insurxente. Porque aquí a natureza fala, murmura, berra ou xura con ironía no eco das campás. Tamén se agocha nas ruínas e aluca, sentinela, o pasar dos camiños. Lembra e soña: corren por estes eidos cabalos de cores insubmisas, a liña do horizonte está á espreita dun temporal de bolboretas. Esa natureza insurxente abrangue as persoas humanas e non humanas, e mesmo as máquinas: a báscula de Ohio que pesa cousas e emocións, o rancor dos tractores nas granxas abandonadas... E abrangue a linguaxe, as palabras que, como velairiñas arredor da lámpada, loitan contra a extinción, desvelan un misterio e crean outro, como corpos que se agochan en almas.
Product Details
Publisher: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Language: glg
Size: 104 Pages
Filesize: 847.9 KB
ISBN: 9788491215783
Published: Sept. 12, 2019