Maternidade fóra de catálogo

ebook: Maternidade fóra de catálogo

Sprache - Sonstige

Read this eBook for free with the readfy App!

About the eBook

"Maternidade fóra de catálogo" é un ensaio próximo ao xornalismo narrativo. Parte dun relato en primeira persoa, mestura de crueza e humor, que aborda a crianza no contexto da cidade neoliberal. Arrinca no embarazo, onde constata a activación de mecanismos sociais para marcar a entrada nunha nova categoría preconfigurada. Descobre tamén as barreiras e os tabús de ser madrasta. Desenvólvese durante o asentamento en Madrid da autora e da súa filla aos poucos días de nacer. No medio desa experiencia "Maternidade fóra de catálogo" analiza as dificultades, a ausencia de políticas sociais e de axudas para a familia, a imposibilidade de conciliar, a precariedade, as engrenaxes do crecente modelo de explotación laboral coa ficción do emprendemento, a negación sistémica do gozo e da paixón, o cansazo e a pechazón ante a evidencia de novas realidades familiares. Fala tamén esta obra da separación das amigas que non tiveron fillos, da importancia de seguir defendendo esta opción vital e da necesidade de camiñaren xuntas. Detense nas orixes e traxectorias do aleccionamento ás nais, co valente testemuño doutras mulleres, e na demanda dunha nova masculinidade, á cal tamén se lle dá voz. "Maternidade fóra de catálogo" pon fronte a nós o abismo da disgregación co selo do mercado e algunhas opcións para sobrevivir.

Product Details

Publisher: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Language: glg

Size: 326 Pages

Filesize: 609.5 KB

ISBN: 9788491213758

Published: