Ítaca
About the eBook
Penélope é unha muller de corenta e cinco anos que vive co seu home, Ulises, e o seu fillo adolescente, Telémaco, no ano 2024. Forman unha familia convencional que un día recibe a inesperada noticia de que ela está embarazada. Tras o impacto inicial, nai e fillo comparten ilusión e preparativos para recibir o novo membro da familia, ante a aparente indiferenza de Ulises, os prexuízos sociais e o estrito seguimento médico. En «Ítaca», a súa primeira novela, finalista do Premio Xerais, María Besteiros emprega un estilo lírico pero contundente para enfrontarnos á desesperación dunha nai que vive por inercia e que se sente incapaz de actuar e decidir. Neste caso é ela, Penélope, quen emprende unha viaxe para atopar os fíos invisibles que tecen a súa propia identidade e transformar a súa vida cun único obxectivo: sobrevivir.
Product Details
Publisher: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Language: glg
Size: 144 Pages
Filesize: 362.5 KB
ISBN: 9788411106290
Published: Jan. 16, 2025