A raíña das velutinas

ebook: A raíña das velutinas

Sprache - Sonstige

Read this eBook for free with the readfy App!

About the eBook

Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas. A casualidade fará que dúas mozas, enviadas pola Consellaría de Medio Rural para combater a praga de avespas velutinas, acaben participando nalgunhas actividades programadas por un colectivo nutrido por persoas con diversos intereses e maneiras de proceder. Os simpatizantes do antigo exiliado detectarán a presenza dun asistente inesperado; mais nada será o que parece. Un telurismo presente en toda a narración sobrevoará unhas existencias ávidas do contacto coa terra, aínda que a paixón, os desencontros propiciados pola convivencia e unha ortodoxia levada aos extremos serán os que orixinarán, cando a situación o requira, tensións ocasionais e impulsos de solidariedade. Gañadora da XXIII edición do Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey, o xurado salientou de A raíña das velutinas "o seu brillante labor de documentación e as historias amenas que se entrecruzan na trama principal".

Product Details

Publisher: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Language: glg

Size: 152 Pages

Filesize: 285.5 KB

ISBN: 9788491212713

Published: