Veleno tinto

ebook: Veleno tinto

Sprache - Sonstige

Read this eBook for free with the readfy App!

About the eBook

Naquela mañá de inverno de 1319, Frei Samuel, o humilde monxe sandador do mosteiro de Toxosoutos, camiñaba cara a Noia cunha dor de frieiras que case o facía chorar. No castelo de don Rui de Soga de Lobeira, agardábao o bispo Berenguel de Landoire coa intención de agradecerlle un impagable servizo que o freire lle ofrecera na súa loita contra os que pretendían apartalo do bispado de Compostela. Mais, a morte dun dos criados de don Rui, envelenado por beber dunha xerra de viño quente, obrigará ao pícaro e intelixente freire a realizar unha concienciuda investigación coa intención de coñecer o motivo e o autor de semellante crime. Veleno tinto é unha apaixonante novela de intriga, tecida sobre unha coidadosa reconstrución histórica da vida e das intrigas políticas da Galicia do século XIV, que supón, ademais, a consolidación do personaxe literario de frei Samuel, un dos máis singulares e divertidos da nosa narrativa actual.

Product Details

Publisher: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Language: glg

Size: 192 Pages

Filesize: 384.3 KB

ISBN: 9788491211747

Published: