Fóra de si
About the eBook
Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada. Suso de Toro ofrece en "Fóra de si" unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como "Calzados Lola", "A sombra cazadora", "Home sen nome" ou "Sete palabras". A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.
Product Details
Publisher: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Language: glg
Size: 224 Pages
Filesize: 416.0 KB
ISBN: 9788491213154
Published: Feb. 8, 2018