Noites de safari

ebook: Noites de safari

Sprache - Sonstige

Read this eBook for free with the readfy App!

About the eBook

Farta de, en materia de sedución, agardar resignada as arremetidas e aguilloadas dos homes, Marleen MaLone trazou un plan: empoderarse sexualmente. Para evitar volver ser carnaza e converterse en depredadora. Pero non contou con que os traumas e desafectos pasados podían entorpecer os seus propósitos. E sucedeulle que, mentres se afanaba en perseguir o gozo carnal, proxectaba sobre os seus amantes carencias; como réplica, eles, ansiosos por asperxer mel sobre os seus encontros lúbricos, consumaban os foguetes embebidos de extravío. Humor, amargor e estupor, amalgámanse neste manual, compendio de homes abrecachas aos que a protagonista lles brindou un oco: intencionado na súa entreperna, imprudente no seu corazón. Son as memorias sicalípticas alfabéticas de Marleen MaLone, pseudónimo baixo o que se agacha unha aprendiz de cazadora que só atende ao reclamo da súa crica cando esta lle suxire unha noite de safari.

Product Details

Publisher: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Language: glg

Size: 296 Pages

Filesize: 1.3 MB

ISBN: 9788491213161

Published: