Conta, Sherezade
About the eBook
Luz asiste a un curso de creación literaria e decátase de que descoñece a verdadeira historia da súa familia, da súa vida, polo que decide utilizar a escrita literaria para reconstruíla. A investigación e o proceso de documentación que leva a cabo para crear esa súa novela vital vaille ir desvelando datos e acontecementos que xa estaban aí e agardaban agochados e silenciosos nalgún lugar da memoria. A reflexión sobre a literatura, o descubrimento de segredos familiares que proceden de tempos dunha guerra civil destrutiva a todos os niveis e a reconfiguración da propia identidade son os asuntos que se tratan en «Conta, Sherezade», unha novela que se vai construíndo mentres se le. Suso de Toro sorpréndenos cunha historia en que a literatura se converte en protagonista da propia novela e nun medio para comprender a vida.
Product Details
Publisher: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Language: glg
Size: 288 Pages
Filesize: 1.0 MB
ISBN: 9788411106573
Published: March 13, 2025