Lume

ebook: Lume

Sprache - Sonstige

Read this eBook for free with the readfy App!

About the eBook

«Lume. Análise social dos incendios forestais» é un libro de plena actualidade, que aborda o enorme problema que supoñen os incendios forestais e propón a necesidade de deseñar estratexias de xestión que superen a concepción clásica que se aplica á hora de tratalos. Que tipo de evolución se produciu nos incendios nas últimas décadas? Cales son as características sociais, culturais e políticas propias destes lumes de quinta e sexta xeración? Desde a análise política, as autoras achéganse á experiencia das comunidades locais cos incendios forestais, confiando na participación pública como mecanismo para incorporar e transferir o coñecemento social baseado na experiencia ao deseño das políticas públicas de loita contra o lume. Desde a análise cultural, abordan a conflitiva relación entre o bosque e o lume en Galicia, unha relación contra natura que pon en risco a sustentabilidade das formas de vida e suxire a necesidade dunha apreciación en profundidade do contexto social onde se xera o incendio e a figura do incendiario, así como o papel que desempeñan os medios de comunicación á hora de informar a cidadanía.

Product Details

Publisher: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Language: glg

Size: 96 Pages

Filesize: 1.4 MB

ISBN: 9788411107280

Published: