O bosque das antas

ebook: O bosque das antas

Sprache - Sonstige

Read this eBook for free with the readfy App!

About the eBook

De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa, desde Herac1io Pérez Placer, desde Va1entín Lamas Carvajal, a cidade das Burgas transita a Blanco Amor, a Carlos Casares, a Martínez Oca, a Manuel Guede cun vigor e cun protagonismo sorprendentes. Agora é, con "O Bosque das Antas", F.X. Fernández Naval que aporta a súa sensibilidade á tarefa colectiva de edificar un Ourense de letras, como outros escritores de outras terras fixeran con París, con Nova York, con Buenos Aires, con Leningrado. Este será un Ourense aberto a Oira (o paraiso), ao campo, ao mundo. E ao mesmo tempo, Fernández Naval incide nun tema recurrente e cada vez máis solicitado da nosa narrativa contemporánea: o dos sucesos posteriores á sublevación de 1936. Ourense e fascismo ligan "O bosque das antas" con outros textos moi diversos e atravesados de reminiscencias por veces contrapostas. E é, xustamente, neste encontro de ecoares, onde a voz do novo autor se ergue con acentos propios. Dono do seu relato, Fernández Naval non permite que os eventos se lle alporicen. Controla, domina as causas; refrea as tentacións, sempre treizoeiras, da fantasía gratuita; é señor do seu discurso. Con palabras simples e claras sabe relatar un feixe de acontecementos, e lograr que nos interesen, e que prendamos neles. Obsérvase unha certa ascese que fai o lirismo comprimido, a nostalxia concentrada eficazmente no final da novela, as palabras todas máis duras do que estarían ordeadas en outros contextos algodonosos. Asimesmo, esta novela ten o acerto de ter moitos elementos novelescos, e sobranceando a todos a figura de Pierre Francesco, que figurará na galería dos nosos mellores personaxes de ficción.

Product Details

Publisher: Edicións Xerais

Genre: Sprache - Sonstige

Language: glg

Size: 152 Pages

Filesize: 672.6 KB

ISBN: 9788499146140

Published: