O corvo sobre a neve
About the eBook
Na era glacial, os Países Temperados pecháronlles as fronteiras aos emigrantes climáticos. A neve sepultou toda esperanza. E mentres os cidadáns lexítimos son controlados por asistentes persoais, os parias do frío son obrigados a tatuar a marca dun carrán ártico no fémur. Dryas e a súa familia viven afastados de todo. El sabe que os seus pais agochan un escuro segredo. Por iso, cando a nai e o irmán pequeno desaparecen sen deixar rastro, vese na obriga de fuxir canda o pai ata o límite da Zona Vedada. A súa única guía será un corvo creado coa chamada Tecnoloxía Eterna e sete libros antigos e obsoletos que detesta. O que Dryas non sabe é que alguén os busca na distancia. Nin que os segredos poden deixar cicatriz. Tampouco que, algunhas veces, a literatura é a única salvación posible.
Product Details
Publisher: Edicións Xerais
Genre: Sprache - Sonstige
Language: glg
Size: 240 Pages
Filesize: 730.1 KB
ISBN: 9788411107457
Published: Oct. 2, 2025